CulturaCultura

O tour Monster High, en Ponferrada

Esta actividade gratuíta de ocio infantil poderá verse ata o próximo 2 de xullo no centro comercial El Rosal

monsterhigh

Os fillos dos monstros máis famosos da historia, como é o caso de Drácula, Frankestein, A Momia, o Hombre Lobo ou a Pantasma da Ópera, serán os protagonistas do Tour Monster High que recalará en Ponferrada entre os días 23 e 2 de xullo. Terá como escenario o centro comercial El Rosal de lunes a venres de 17:00h a 21:00h e os sábados e domingos de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h

Esta actividade conta con tres áreas diferentes orientadas ao disfrute dos máis pequenos da casa de idades comprendidas entre os 5 e os 9 anos. “Todo comeza cunha Zona de Matriculación onde poderán participar en “The Monster High Game”, un xogo xigante con preguntas sobre todos os secretos da serie e dos seus personaxes, onde terán que superar numerosas trampas. Todos os participantes poderán desfrutar das probas Monster High e só aquellos que logren chegar á meta obterán o seu carnet”, segundo se informa dende a organización.

Asemade haberá unha Zona Aula na que os cativos poderán customizarse como “verdadeiras bonecas Monster High e crear a súa propia. A actividade complétase coa Zona Extraescolar onde os nenos aprenderán o baile de Monster High da man dun coreógrafo profesional, desfrutar dos episodios da serie ou trailer da película”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button