BaloncestoDeportesÚltima hora

O Toyota Antelopes de Lucas Mondelo comeza con vitorias a segunda volta da Japan WLBL

Lucas Mondelo, dándolle instrucións ás xogadoras do Toyota Antelopes, durante un partido./ Foto: Toyota Antelopes.

 

Nesta fin de semana o Toyota Antelopes, equipo que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo, iniciaba a segunda volta da Japan WLBL con moi bos resultados. O conxunto impoñíase nos dous partidos que enfrontaba ao Toyota Boshoku Sunshine Rabbits. Esta dobre vitoria permítelle seguir liderando o seu grupo na liga.

Así, no encontro xogado o sábado 9 de xaneiro o Toyota Antelopes vencía con contundencia ás súas rivais deiando o marcador final en 105 a 87. E no seguinte partido, disputado neste domingo 10 de xaneiro, o equipo de Mondelo vencía novamente, desta volta, por 84 a 70.

Artigos relacionados

Back to top button
Close