BaloncestoDeportesÚltima hora

O Toyota Antelopes de Lucas Mondelo continúa invicto na Japan WLBL

Lucas Mondelo, cos integrantes do seu equipo, o Toyota Antelopes./ Foto: Toyota Antelopes.

 

Nova fin de semana de vitorias para o Toyota Antelopes na Japan WLBL. O club que dirixe Lucas Mondelo, técnico de orixe valdeorresa e seleccionador español de basket feminino absoluto, xogaba o sábado e o domingo co Yamanashi. No primeiro partido as xogadoras de Mondelo ganaban cun marcador de 79 a 64, mentres que no segundo melloraban a súa defensa e reforzaban a súa vantaxe, finalizando o encontro cunha rotunda vitoria de 93 a 51.

Artigos relacionados

Back to top button
Close