BaloncestoDeportesÚltima hora

O Toyota Antelopes de Lucas Mondelo, líder do 2º grupo da Japan WLBL

Lucas Mondelo co seu equipo, o Toyota Antelopes./ Foto: Toyota Antelopes.

 

Con tan só unha derrota vén de finalizar a primeira volta da Japan WLBL o Toyota Antelopes, equipo que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo. Nesta fin de semana xogaban os dous últimos partidos desta primeira parte da liga nipona, con dúas contundentes vitorias fronte ao Aishin AW.

Así no encontro do sábado 31 de outubro as xogadoras de Mondelo impoñíanse por 93 a 73 e neste domingo 1 de novembro repetían vitoria cun marcador de 84 a 59. Este resultado leva ao Toyota Antelopes a consolidar a súa posición de liderato no segundo grupo desta liga xaponesa de baloncesto feminino.

 

Artigos relacionados

Back to top button