BaloncestoDeportesÚltima hora

O Toyota Antelopes, que adestra Lucas Mondelo, campión da Japan WLBL

O conxunto do técnico valdeorrés conseguía facerse co título desta liga nipona de baloncesto feminino que levaba ganando dende o 2011 o Eneos Sunflowers, desta volta subcampión

Lucas Mondelo, adestrador do Toyota Antelopes./ Foto: Toyota Antelopes.

 

“Demos o primeiro paso para gañar a final. Gañamos 71-66 ao actual campión, 1-0, pero isto trátase de gañar 2… Tan preto e tan lonxe aínda”, dicía Lucas Mondelo, de orixe valdeorresa, na tarde de onte, 20 de marzo, despois de que o equipo que adestra, o Toyota Antelopes, derrotase ao Eneos Sunflowers no primeiro dos tres partidos da final da liga nipona Japan WLBL de baloncesto feminino.

Aseguraban esa vitoria xa dende o primeiro cuarto, que finalizaba cun resultado de 4-21. Aínda así, foi un partido moi disputado e loitado cuxo marcador final era Eneos Sunflowers 66 Toyota Antelopes 71.

Malia este primeiro triunfo, o título da liga nipona estaba no aire xa que se decide ao mellor de tres partidos, co cal o encontro deste domingo fronte ao Eneos podía ser determinante. E así foi. O equipo que dirixe Lucas Mondelo impoñíase novamente, nesta ocasión por 60 a 70, convertíndose dese xeito en campión da liga.

Ademais dase a circunstancia de que na última década ningún equipo conseguira derrotar ao Eneas nunha final de liga, levaba ganándoa dende o 2011.

Sen dúbida esta ten sido unha destacada tempada para o valdeorrés, cuxo equipo tamén era subcampión na Copa Emperatriz do Xapón. Unha tempada na que loitaban pola vitoria ten como “berro de guerra” a palabra “Vamos!” en castelán.

 

O Toyota Antelopes celebrando a vitoria deste domingo./ Foto: Toyota Antelopes.

 

Artigos relacionados

Back to top button