DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga en imaxes

Dende primeira hora da mañá do domingo 3 de abril A Veiga enchíase de deportistas. Dábanse cita nesta localidade valdeorresa para participar na primeira edición do Trail e Andaina Trevinca-A Veiga que partía dende a praza da Feira. Primeiro saían os camiñantes, ás dez da mañá, para afrontar un percorrido de 13,7 km. Unha hora despois facíano os atletas nunha proba con dúas distancias: trail curto (15,3 km) e trail longo (21,3 km). Malia que o tempo non axudaba moito e a mañá presentábase con frío e mesmo neve, tanto camiñantes como corredores puideron desfrutar dun espectacular trazado que pasaba polo encoro de Prada ou por pobos como Corzos.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información:
https://osil.info/elpidio-gomez-e-jesus-rodriguez-vencen-no-trail-trevinca/

Trail Trevinca-A Veiga, por unha paisaxe de auga, granito, montaña e bosques

Artigos relacionados

Back to top button