OurenseÚltima hora

O tramo A Merca-Celanova do 55 Rallye de Ourense, en imaxes

 

Unha das moitas novidades que presentaba esta edición do Rallye de Ourense era a incorporación de novos tramos, entre eles o da Merca-Celanova que se celebraba a dobre pasada na segunda e última etapa do rallye, na xornada do sábado 18 de xuño.

Cun total de 13,39 km, a primeira pasada (TC8 e tamén TC+) comezaba ás 12:10 horas e remataba con Cohete Suárez de primeiro, seguido de Llarena e Pernía. Un tramo complexo que reunía a numerosos afeccionados ao longo do tramo, aproveitando calquera rincón para seguir aos coches e que remataba con 55 coches en meta e 8 equipos retirados.

A segunda pasada polo tramo (TC11) que pechaba o 55 ROU, arrancaba ás 16:50 horas con 49 equipos en meta e dous retirados. O mellor tempo volvía ser para Cohete (7:44.5), seguido Llarena (7:46.6) e Cachón (8:01.1).

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button