En portadaÚltima hora

O “Tren de Nadal” de AEVA e do Barco CCA, xa percorre a vila

Ademais na praza do Concello xa está instalada a pista de patinaxe sobre xeo sintético

 

Dende este luns 23 de decembro ás 11h. o Tren de Nadal de AEVA e do Barco Centro Comercial Aberto está a percorrer a vila do Barco (de 11h. a 14h. e de 17h. a 20h.). Ten un carácter gratuíto e tamén funcionará o 24 de decembro (de 10h. a 13:30h.). Está enmarcado na campaña de Nadal destas dúas entidades.

Ademais, en colaboración co Concello do Barco, intalarase unha pista de xeo sintético na praza do Concello do 23 ao 29 de decembro en horario de mañá e tarde. “Regalaremos 300 entradas que se lle entregarán aos 300 primeiros nenos que suban ao tren do Nadal”, din dende AEVA e o CCA.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button