Galerías de fotosÚltima hora

O tren fluvial do Descenso do Sil énchese na estación do Barco

A partires das 18:30h. volverá saír dende a estación de Sobradelo con destino ao Barco, onde estará a meta desta proba

Numerosas persoas de todas as idades dábanse cita a partires das cinco e cuarto da tarde na estación de ferrocarril do Barco para coller o tren fluvial e asistir á saída do 52º Descenso do Sil en Sobradelo, programada para as 18h.. A medida que ían subíndose ao tren, cuxo billete era de balde, cada persoa recibía un pano branco conmemorativo desta edición e unha folla informativa do Concello do Barco con horarios de tren (saída dende Sobradelo, paradas no decurso da proba e hora aproximada de chegada ao Barco.

Con ese mesmo papel, entre os viaxeiros do tren sortearase un xamón. O sorteo está previsto en torno ás 20:15h. no Paseo do Malecón. Este percorrido en tren estará animado polo grupo valdeorrés de carácter tradicional Pándega.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button