DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O tren fluvial do Descenso do Sil sae da estación do Barco

Tras a saída das piraguas en Sobradelo, emprenderá viaxe de volta á vila barquense

 

Seguindo o ritmo do grupo de gaiteiros Os do Venres, barquenses e visitantes encamiñábanse cara a estación de ferrocarril do Barco en torno ás cinco da tarde deste 14 de setembro. Alí collían o tren fluvial (gratuíto) do Descenso do Sil, con rumbo a Sobradelo para ver a saída desta proba de piragüismo que este ano cumpre 53 edicións no marco das Festas do Cristo.

A medida que cada persoa se ía subindo ao tren recibía un pano conmemorativo do descenso de cor azul. Ás cinco e media, o tren partía para Sobradelo onde agardará na estación ata que se dean todas as saídas das piraguas. Despois o tren fluvial emprenderá viaxe de regreso ao Barco, se ben irá facendo paradas en certos puntos para que os seus usuarios poidan seguir a evolución da proba.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button