ConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

O trepidante ritmo de Fanfarria Taquikardia acende as Festas da Santa Rita no Barco

Está a realizar "concertos verticais" para ser vistos dende os balcóns en diferentes puntos do centro da vila

 

Este 22 de maio, festividade de Santa Rita no Barco, ten un trepidante e divertido son na vila. Cunha orixinal proposta de actuacións na rúa para ser desfrutada dende as fiestras e os balcóns, a Fanfarria Taquikardia está poñendo son a estas festas inéditas en medio dun estado de alarma pola crise do coronavirus.

Esta iniciativa, promovida pola Concellería de Cultura, pretende levarlle á cidadanía unha mensaxe de optimismo, alegría e de ánimo, cunha proposta musical “itinerante, divertida e compatible coas restricións actuais de mobilidade” e seguida entre bailes e aplausos dende as fiestras do centro da vila.

A actuación comezaba pasadas as 12 horas na praza do Príncipe e incluía seis micro concertos duns 15 minutos noutros tantos puntos da vila principalmente nos cruces ao longo da rúa Conde Fenosa e praza Andrés de Prada para permitir ao público das diferentes zonas que poidan seguir o espectáculo sen problemas desde as casas.

Durante as actuacións o tráfico estivo regulado pola Policía Local e nalgúns puntos tamén pola Garda Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Ampla galería de fotos en:

https://osil.info/o-barco-celebra-a-santa-rita-cun-novo-formato-de-actuacion-musical/

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button