DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O Tres Cuñados FS cae ante o SD Xove FS nun intenso partido disputado en Calabagueiros

Co 4-8 remataba o partido da xornada 10 en Terceira División Nacional de Fútbol Sala disputado na tarde deste 20 de novembro

 

Aínda que non foi positivo para o conxunto valdeorrés, o resultado dá mostra da intensidade do partido disputado na tarde deste sábado 20 de novembro no pavillón de Calabagueiros, no Barco, entre o Pizarras Los Tres Cuñados FS e o SD Xove FS que se saldaba cun 4-8.

Os do Barco saían ao parqué moi motivados e en apenas tres minutos Borja marcaba o primeiro gol. Os lucenses teñen un gran equipo (van de terceiros na clasificación) e iso notouse na resposta, marcando o gol do empate no minuto 7. Borja estaba especialmente inspirado nesta tarde e no 12′ marcaba o segundo para os locais, coa case inmediata resposta dos verdes que poñían o 2-2 no luminoso.

 

 

Antes de rematar a primeira parte Borja volvía marcar, chegando ao descanso co 3-2, pero na segunda metade aumentaba a diferenza entre ámbolos dous equipos e o Xove anotaba os seguintes tres goles case seguidos. No minuto 33 Raúl conseguía marcar o cuarto para o conxunto valdeorrés pero tamén o Xove seguía sumando ata o 4-8 final.

Así, os rapaces de Xocas mantéñense no fondo da clasificación con 8 derrotas, 1 vitoria e 1 empate en dez xornadas. Un resultado a todas luces marcado polas lesións que afectan ao equipo branco xa dende o comezo da liga.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button