DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS cae en casa ante o Guardo

Co 3-4 remataba o encontro correspondente á xornada 23ª disputado no pavillón de Calabagueiros

Tres partidos quedan para que remate a liga regular en segunda nacional B e nin a sorte nin os resultados acompañan demasiado ao Tres Cuñados FS que vén de colleitar unha nova derrota, desta volta en casa contra o Guardo, segundo clasificado.

Despois da vitoria 2-3 na cancha do FS San José, os de Xocas comezaban o partido correspondente á xornada 23ª con enerxía e moitas expectativas chegando a marcar tres importantes goles. Pero non foron suficientes e os 4 tantos do Guardo sentenciaron o encontro en Calabagueiros.

Con este resultado o Tres Cuñados sitúase no 9º posto da clasificación nacional, a catro puntos do 8º, o Benavente. A próxima cita para o valdeorreses será na cancha do Leis PFS.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button