DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS golea o Leis Pontevedra na estrea da liga en Calabagueiros

Co 5-1 remataba o segundo partido de liga en 2ª B disputado na tarde do 22 de setembro

Despois de quedar eliminados da Copa do Rei na tanda de penaltis ante o Guardo, o Pizarras Los Tres Cuñados FS desquitábase en casa, no pavillón de Calabagueiros, onde abrían a tempada goleando ao Leis Pontevedra.

Os de Xocas dominaron o encontro e superaban sen problemas aos pontevedreses sumando ata cinco goles (dous de Bruno, dous de Dilín e un de Bencho). Co 5-1 final, o conxunto valdeorrés suma a segunda vitoria da tempada en segunda B. No primeiro partido, disputado no campo do Albense, vencían por 1 gol a 3 e na tarde do 22 de setembro reencontrábanse coa afección cunha nova vitoira.

Dous de dous para o Tres Cuñados FS que na vindeira fin de semana viaxará ata Zamora.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button