DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

O Tres Cuñados FS homenaxea a Jess pero non pode co Sala Ourense

Co 3-5 no marcador os valdeorreses quedan eliminados da Copa Galicia

 

Da mellor forma posible regresaba o fútbol sala ao pavillón de Calabagueiros, no Barco, máis dun ano despois, cun intenso e animado partido entre o Pizarras Los Tres Cuñados FS e o Sala Ourense que se disputaba na tarde deste sábado 11 de setembro.

Por ser o primeiro da tempada e antes do inicio da liga, este era o partido no que o equipo lle rendía por cuarto ano a sentida homenaxe a Jess Carrera o xogador que falecía nun accidente de tráfico. Así, antes de comezar e como en edicións anteriores do memorial, un par de cativos e o propio Bruno (xogador e irmán de Jess) entregábanlle aos pais do xove un ramo de flores seguido dun sonoro aplauso por parte de todos os xogadores e do público dende as bancadas para s eguir o partido correspondente á segunda fase da Copa Galicia da que os de Xocas Miranda quedaban eliminados.

 

Os pais de Jess Carrera reciben o ramo de flores antes do partido.

 

Tras vencer ao Outeiro de Rei 2-3 os valdeorreses chegaban a este partido con varias baixas que se notaban na primera metade, coa superioridade visitante reflectida no marcador, 0-3. A segunda metade comezaba de maneira similar e a diferenza aumentaba no luminoso ata poñerse 0-5. Pero quedaba moito por diante e o Tres Cuñados ten como meta non renderse, así que melloraba considerablemente o seu xogo que non se plasmaba no marcador pola boa actuación do gardameta visitante. Así e todo, Tato lograba por fin anotar e a partir dese momento parecía outro partido. Daba tempo a un dobrete de Bruno e mesmo a desperdiciar un par de lanzamentos. Ao final, a remontada foi imposible quedano o 3-5 para os da capital que adestra Óscar Vivián que pasarán á seguinte eliminatoria da Copa.

Aos de Xocas pola súa banda so lles queda seguir traballando de cara ao inicio de tempada.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button