DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS vence ao Univ. de Valladolid FS e métese na Copa do Rei

Co 6-3 conseguido en Calabagueiros, o conxunto branco remata a tempada no 3º posto da clasificación en 2ª B

Tíñano complicado pero finalmente o Pizarras Los Tres Cuñados FS conseguía o seu obxectivo: a terceira praza que lle dá opción a xogar a Copa do Rei na vindeira tempada. Lográbano na tarde do 25 de maio en casa, diante da afección, vencendo por un contundente 6-3 ao Universidade de Valladolid FS.

Os rapaces de Xocas Miranda chegaban ao encontro disputado en Calabagueiros, o último da tempada, dende a zona alta da clasificación mentres que os vallisoletanos facíano dende a zona baixa sen xogarse nada e eran os valdeorreses os que abrían o marcador cun tanto visitante en propia meta chegando ao descanso co 2-1 (o segundo gol local foi de Durán).

 

Durán celebrando a vitoria en Calabagueiros.

 

Tralo paso polo vestiario, David marcaba terceiro tanto valdeorrés e malia que os visitantes recurtaban distancias chegando ao 3-2, a partires do segundo gol de Durán no minuto 28, o partido foi de corrido marcando Bencho e Javi. O Valladolid anotaba o terceiro gol no minuto 40 pero co 6-3 final, as bancadas de Calabagueiros erguéronse para celebrar o triunfo.

Con todo, ao Tres Cuñados non lle chegaba a vitoria e tivo que esperar a coñecer o empate entre Cidade de Narón e Xove en terras lucenses, para celebrar o terceiro posto da liga en 2ªB que lle permitirá xogar a vindeira tempada a Copa do Rei por segunda vez. Un premio máis que merecido a unha intensa tempada de moito traballo, bos e malos partidos, non exenta de dificultades.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button