DeportesÚltima hora

O Tres Lunas D.O Valdeorras-Mérida Bikes MTB Team completa o plantel cun campión de DH e Enduro

O berciano Jorge Panizo incorpórase ao equipo ciclista valdeorrés para esta tempada

Se hai menos dun mes anunciabamos a fichaxe da corredora galega Susana Alonso, agora presentamos a do berciano Jorge Panizo, a última incorporación ao Tres Lunas D.O Valdeorras-Mérida Bikes MTB Team que completa así o plantel para esta tempada.

Con numerosos títulos ás costas (campión de España DH, 1º sub 23 no Open de España DH, TOP 20 no mundial de descenso, campión Enduro CyL,…), Panizo é un dos deportistas con máis proxección do Bierzo que se une ao proxecto valdeorrés co obxectivo de “melloralo nas disciplinas de DH e Enduro”, aseguran dende o club Tres Lunas, sentíndose moi orgullosos de que “un deportista de nivel internacional elixa a nosa familia para competir coas nosas cores e se sinta identificado coa nosa filosofía”.

O seu debut será esta fin de semana en Endurama, onde estreará a súa nova bicicleta Merida Bikes España e-One Sixty 800, elixida mellor e-Bike do ano.

Primeira foto da galería: Kike Abelleira.

Artigos relacionados

Back to top button