A RúaConcellosÚltima hora

O tributo a Michael Jackson, prato forte das Festas de Verán da Rúa 2022

O programa estenderase do 4 ao 9 de agosto e contará entre outros coa orquestra Olympus e o grupo Assia

Festas de verán na Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os dous últimos foron anos moi complicados para a poboación, por iso dende o Concello da Rúa póñense como reto “facer unhas boas festas”, asegura o alcalde Álvaro Fernández. E con esa premisa elaboraron un completo programa que se estederá do 4 ao 9 de xullo.

O programa arrancará o xoves (4 de xullo), cunha novas edición do encontro de pinchadiscos na rúa Doutor Vila a partir das 23:30 horas. Con todo, será o venres (5 de agosto) cando comecen as festas propiamente ditas. Especialmente pensado para o público familiar está o espectáculo de teatro infantil ‘Duncan de Palleiro’ de Lila Teatro. Será ás 12 horas na rúa Doutor Vila dentro do programa da Xunta ‘Cultura no Camiño’. E xa pola noite chegará o prato forte das festas, o espectáculo homenaxe a Michael Jackson ‘Michael’s Legacy’, será a partir das 23:45 horas na praza da Estación.

 

O tributo a Michael Jackson será o venres 5 de agosto.

 

O sábado (6 de agosto) haberá pasarrúas da charanga BB+ mentres que o baile de tarde e verbena estará amenizada polo grupo Funçao Públika. Tampouco o domingo (7 de agosto) se quedará atrás en canto a calidade, con pasarrúas a cargo da charanga Fuego e baile de tarde e verbena amenizado pola orquestra Olympus.

Con todo, o día grande das festas de verán na Rúa e festivo local é o luns (8 de agosto). Para ese día está previsto un novo espectáculo do programa da Xunta ‘Cultura no Camiño’, desta volta de maxia co Mago Antón que presentará ‘A Volta a Galicia en 313 Concellos’. O magomobil no que viaxa fará parada na Rúa con dous pases: de 12 a 14 horas na rúa Doutor Vila e de 17 a 20 horas no Aguillón. O luns o pasarrúa correrá a cargo de Abertal mentres que o baile en se sesión de tarde e verbena estará amenizado polo grupo asturiano Assia.

E xa para poñer o broche a estas festas de verán, que volven con máis forza e ganas que nunca, o martes (9 de agosto) a partir das 22:30 horas e no espazo de sempre, no Aguillón, tres agrupacións de tres países despregarán todo o seu espectáculo de música e baile nunha nova edición das Xornadas de Folclore Internacional promovidas pola Deputación de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button