DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O trivés Javier Vieites, ganador dunha exitosa I San Silvestre de Río

Medio cento de persoas participaban nesta carreira, promovida pola AC RíoMola, que saía ás 16h. da aldea de San Silvestre e remataba, 4 km despois, na praza Pedro Fernández de San Xoán de Río

Dende a aldea de San Silvestre (San Xoán de Río) dábase a saída ás 16h. deste 31 de decembro á I San Silvestre de Río. Medio cento de persoas participaban nesta proba, moitas delas disfrazadas, que completaban o percorrido correndo e, nalgúns casos, camiñando.

 

Javier Vieites, ganador da carreira.

 

O primeiro dos participantes en chegar á meta, situada na praza Pedro Fernández de San Xoán de Río, era o trivés Javier Vieites Manso, que completaba o circuíto nun tempo de 18 minutos. O subcampión era Iker Yánez Rodríguez (23 minutos) e o terceiro clasificado Tino Sierra (24 minutos). En cuarto lugar entraba Josiño Yánez (25 minutos) e no quinto Getxo Estévez Runner Getxo (26 minutos).

Dende a organización, en mans da Asociación Cultural RíoMola, cualifícase de “éxito” o resultado desta primeira edición da proba.

Fotos: A.C. RíoMola.

 

O segundo clasificado Iker Yañez.

 

O terceiro corredor en entrar en meta era Tino Sierra.

 

Josiño Yáñez, cuarto clasificado.

 

O quinto, Runner Getxo.

 

Artigos relacionados

Back to top button