ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O trivés Javier Vieites imponse na II San Silvestre de Río

Medio cento de persoas participaban nesta cita correndo ou camiñando neste 31 de decembro

 

Deporte e moi bo humor para pechar o ano 2019 en San Xoán de Río. Medio cento de persoas (superando amplamente a participación do 2018), boa parte delas ataviadas con detalles navideños, participaban na II San Silvestre deste municipio, que se celebraba a partir das 11h. deste 31 de decembro.

O percorrido, que podía facerse correndo ou camiñando, partía da praza Pedro Fernández da vila e cobría unha distancia de 4,2 km, parte deles pola fermosa Ruta da Fraga.

O mellor corredor da cita era o trivés Javier Vieites, que repetía vitoria na San Silvestre de Río. Despois del entraba en meta o tamén trivés Raúl Santoveña. José Vázquez de Río era o primeiro deportista local.

Esta proba, cuxo obxectivo principal era pasalo ben disfrazado, finalizaba con petiscos para todos os asistentes. Formaba parte da programación de Nadal do Concello de San Xoán de Río.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button