CulturaCulturaÚltima hora

O trivés Julio Ancochea, xefe de servizo de Neumoloxía do HU Princesa, conmemora co seu equipo o Día do Libro

Diferentes profesionais sanitarios de neumoloxía deste hospital madrileño comparten versos a través dun vídeo

 

“Os neumólogos, as enfermeiras e outros profesionais sanitarios de neumoloxía somos poetas do aire”, asegura o trivés Julio Ancochea, xefe do Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario da Princesa de Madrid, ao inicio dun vídeo realizado xunto ao seu equipo para conmemorar neste 23 de abril o Día do Libro.

De seguido, Ancochea recita os versos de autores como Francisca Aguirre, Miguel Otero Silva, Ángel González, Jorge Guillén ou Miguel Hernández, sempre con alusións simbólicas ao “aire”.

A continuación, diferentes profesionais sanitarios do Hospital U. La Princesa, len ou recitan poemas de libros que, como di o título do vídeo, “son grandes compañeiros de viaxe” e cos que quixeron compartir este inusual 23 de abril.

Vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close