EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

O trivés Luis Álvarez abría a xornada “PASSIVHAUS PEP- COAATIE Ourense” no Colexio de Aparelladores provincial

Neste seminario técnico sobre “edificación pasiva” tamén interviñan o arquitecto técnico Rubén Domínguez e a arquitecta María Sánchez

O Passivhaus é un estándar de carácter prestacional, é dicir, esixe cumprir unha serie de requisitos, sen impoñer ningún tipo de produto, material ou estilo arquitectónico específicos. Os seus principios básicos son o illamento térmico, a ventilación natural e mecánica, o control de pontes térmicas, de estanqueidade e de soleamento.

Neste stándar centrábase a xornada técnica que se desenvolvía na mañá do 5 de febreiro no Colexio de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros da Edificación (COAATIE) de Ourense. “Unha edificación pasiva é un tipo de construción enfocada á máxima redución da enerxía necesaria para a súa climatización, logrando manter no seu interior unha temperatura constante e confortable, e unhas condicións idóneas de confort acústico e de calidade do aire mediante a optimización dos recursos existentes”, segundo o colexio ourensán.

O encontro iniciábase coa intervención de Luis Álvarez González, membro da xunta de goberno do COAATIE e arquitecto técnico. Deseguido tiña lugar a exposición de Rubén Domínguez, arquitecto técnico, Passive House Tradesperson, sobre “Introdución ao estándar Passivhaus, 5 principios básicos”.

Despois tomaba a palabra María Sánchez, arquitecta, Passive House Designer e experta en construción en madeira, quen falaba sobre “Madera e Passivehaus, a perfecta harmonía”. Na súa ponencia explicaba as posibilidades da construción en madeira cos distintos tipos de produtos que ofrece actualmente o mercado.

Esta acción formativa é froito dun acordo asinado en outubro de 2018 entre o Consello Xeral da Arquitectura Técnica e a Plataforma Española de Passivhaus que conlevará a realización de talleres de formación presenciais durante este ano 2019 no Colexio de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros da Edificación de Ourense, para que os técnicos se familiaricen con estes novos parámetros.

Fotos: COOATIE.

Artigos relacionados

Back to top button