DeportesÚltima hora

O Trofeo de Natación Pedro Escudero de Ourense recibe un dos galardóns ao Mérito Deportivo 2017

A XLVI edición do lonxevo torneo celebrarase o vindeiro sábado 17 de xuño
Imaxe histórica do Trofeo de Natación Pedro Escudero, en Ourense.

O vindeiro sábado 17 de xuño a Piscina Rosario Dueñas de Ourense acollerá a XLVI edición do Trofeo de Natación Pedro Escudero, un campionato de carácter internacional coa elite da natación galega, do norte de España e parte de Portugal.

Con case 50 anos de historia o trofeo gañou a pulso ser un referente en Galicia logrando este ano o recoñecemento oficial da Xunta de Galicia. O venres, 2 de xuño, facíase público no Diario Oficial de Galicia a concesión dun dos galardóns ao Mérito Deportivo ao Trofeo, pola súa traxectoria.

A entrega da distinción tiña lugar nun acto público celebrado no Teatro Coliseo Noela de Noia, ao que estaba prevista a asistencia en representación do Club Natación Pabellón Ourense, dos directivos da entidade xunto con Santiago Escudero, director técnico do CNPO e fillo de Pedro, figura que dá nome á proba.

Tal como explican dende o club ourensán, orgullosos do galardón, o apelido Escudero “sempre estivo  ligado á natación, desde Pedro Escudero pionero neste deporte cando aínda non existían as infraestructuras necesarias e había que hacer uso do río Miño, ata o testemuño recollido polo seu fillo Santi, ligado todos estes anos ao Club Natación Pabellón Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button