DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O trofeo do III triangular de veteranos das festas da Rúa marcha para Ponferrada

O partido final disputouse entre o C.D. Rúa e o C.D.F.V. Ponferrada, no Aguillón

Na tarde do 4 de agosto non había quen parara no campo de fútbol do Aguilón, na Rúa. As altas temperaturas espantaban a calquera, pero iso non impediu que tres equipos de fútbol (un da provincia de Ourense, outro da de Lugo e outro da de León), retaran ao calor para participar no III triangular de veteranos das festas de verán: C.D. Rúa, A.D. Pantón e C.D.F.V. Ponferrada.

Os primeiros en pasar polo terreo de xogo eran os veteranos do Pantón e do Ponferrada, sendo os segundos os que levaban o partido por 0 goles a 3. O segundo encontro enfrontaba aos anfitrións, os veteranos do C.D. Rúa cos do Pantón, sendo os rueses os que vencían por 3 goles a 1.

O último partido no que se decidía o vencedor, disputábase entre o Rúa e o Ponferrada rematando o tempo reglamentario co empate a uns. Finalmente, os campións eran os ponferradinos “pola diferencia de goles”, puntualiza David Pérez, dando as grazas a Carpintería Toño e bar O Catro pola donación dos balóns cos que xogaron, ao Concello da Rúa que donou os trofeos e “por suposto aos veteranos de ámbolos dous equipos que un ano máis viñeron a facernos desfrutar deste deporte tan bonito como é o fútbol”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button