DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O trofeo do V Memorial Miguel Fariñas de fútbol vaise para La Virgen del Camino (León)

O equipo leonés vencía ao C.D. Barco por 0 goles a 2, na tarde do 10 de agosto en Calabagueiros

O equipo sénior do C.D. Barco continúa preparando a tempada con partidos dentro e fóra de Calabagueiros. Nesta ocasión, de novo en casa despois do empate coa Ponferradina, os rapaces de Manolo Pérez, saltaban ao terreo de xogo na tarde do 10 de agosto para disputar o V Memorial Miguel Fariñas contra o C.D. Virgen del Camino que vencía por segundo ano consecutivo.

O cadro leonés, que tamén milita na 3ª división, encarrilaba o encontro grazas ao gol que abría o marcador no minuto 29 dun saque de esquina. E xa nos primeiros compases da segunda metade na que xogou con dez, aumentaba a vantaxe con outro remate dende o interior da área. Co 0-2 no marcador  o trofeo desta edición do memorial marchaba para terras leonesas.

O seguinte amigable para o Barco antes do comezo de tempada o 25 de agosto, será de novo en casa, contra S.D.P.B. o vindeiro mércores día 14.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button