EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Túnel do Viño da D.O. Monterrei en Castellón reúne a un cento de persoas

Ao longo de catro horas podían degustarse os viños de 21 adegas desta denominación ourensá

Túnel da D.O. Monterrei en Castellón./ Foto: CRDO Monterrei.

 

Un cento de profesionais asistían na tarde do 16 de setembro en Castellón a un Túnel do Viño da Denominación de Orixe Monterrei. Ao longo de catro horas, sumilleres, medios de comunicación e profesionais da restauración, hostalaría e distribución achegábanse á historia e tradición vitícola de Monterrei, así como ás súas características de solo e clima, tipoloxías de viño ou variedades de uva, entre outras cuestións.

Esta iniciativa promocional incluía unha masterclass, Túnel do Viño e cea de harmonías. Nela puidieron catarse os viños tintos e brancos de 21 adegas da D.O. Monterrei: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Terras do Cigarrón, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Pazo de Valdeconde, Quinta do Buble, Concepción Paradela Martínez (Abeledos), Castro de Lobarzán, Pazo das Tapias e Triay Adegas de Oímbra.

Nesta actividade participaban María Luisa Martín, directora do máster de Sumilleres de Valencia; David Remolar, presidente da FASCV (Federación de Asociacións de Sumilleres da Comunidade Valenciana) ou Arturo Giner Pérez (de MASQCATAS e finalista do Nariz de Ouro nos anos 2012 e 2013), entre outros.

Esta acción sitúase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola D.O. Monterrei, para este 2019, co que xa se ten levado os viños desta denominación a cidades como Madrid, Ourense, A Coruña, Fisterra, San Sebastián, Bilbao o Cidade Real, entre outras.

Artigos relacionados

Back to top button