EconomíaEconomíaViticultura

O Túnel do viño de Monterrei reúne a un cento de persoas en Xixón

Nel participaban 45 marcas-referencias de 18 adegas desta D.O. e estivo dirixido polo sumiller Luis Paadín

Ao longo de catro horas profesionais do sector da hostalaría, distribución, prensa especializada, docentes e alumnos de escolas da hostalaría tiñan a oportunidade de achegarse en Xixón aos diferentes brancos e tintos que se elaboran na Denominación de Orixe Monterrei.

Na tarde do 17 de maio celebrábase nesta cidade asturiana un Túnel do Viño desta D.O. no que participaban 45 marcas-referencias de 18 adegas. Resultaba unha “exitosa iniciativa que permitía ao público presente degustar viños de varias colleitas, variedades -Godello, Mencía, Dona Branca, Araúxa- e procedentes de diferentes solos -pizarrosos, graníticos, sedimentarios-“, tal e como se sinala dende o CRDO Monterrei.

O acto estivo coordinado por Luis Paadín, sumiller e director da “‘Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2017”, quen aportou información complementaria da denominación, terras, pluviometría, variedades ou historia, así como a realización dunha motra fotográfica dos milenarios lagares rupestres da comarca de Monterrei.

Fotos: CRDO Monterrei

Artigos relacionados

Back to top button