CulturaCultura

O “ukelele” será o protagonista do UKP day en Ribadavia

O sábado, 3 de xuño, celebrarase este festival dentro do Castelo da capital do Ribeiro e que mesturará música con arte, gastronomía e obradoiros
Os ourensáns Bestlife.

Este sábado, 3 de xuño, celebrarase en Ribadavia a segunda edición do Ukp Day: festival de música, arte, obradoiros e gastronomía onde o principal protagonista é o ukelele. Este festival naceu a raíz do proxecto artístico “Ukelele Kit Projetct (UKO) e celébrase dentro do castelo medieval da capital do Ribeiro.

Minta & The Brook.
Coyote Río, cabeza de cartel. 

O lexendario Víctor Coyote (Los Coyotes, Xabarín Club, etc) será o cabeza de cartel desta segunda edición que tamén contará coa presenza de outros grupos galegos como os ourensáns Bestlife UnderYourSeat ou os recentes finalistas de Got Talent España, Uke and the Leles, que xa debutaran na primeira edición deste festival. Acompañan aso grupos galegos os nacionais Lansbury (Barcelona) e Ukelele Joe & His Hula Shakers (Oviedo); e a nota internacional virá da man do grupo portugués Minta & The Brook Trout. O festival sempre convida a algún grupo de Portugal, por ser este o país de orixe real do ukelele, coñecido no país luso como “o cavaquinho”.

Ademais dos concertos con ukelele, o festival completa a súa programación con intervención artísticas, espazo gastronómico con postos de comida, mercado creativo de moda e deseño, e orixinais obradoiros infantís e temáticos para os máis cativos onde poden construír o seu propio ukelele de cartón ata estampar a súa propia camiseta hawaiana.

O festival segue o esquema dunha romaría, de 12:00 a 22:00 horas, na que os visitantes poden xantar, crear e divertirse, mentres gozan de boa música e do espazo único no que se celebra: as zonas verdes interiores do Castelo de Ribadavia.

Lansbury.

 

Artigos relacionados

Back to top button