CulturaCulturaÚltima hora

“O último de Arganeo”, premio do xurado como mellor película galega no MICE

Este filme de David Vázquez conta a vivencia do derradeiro pastor de Pombriego (León), Edilberto Rodríguez

Imaxe do filme “O último de Arganeo”, premiado no MICE.

 

Novo galardón para o documental “O último de Arganeo”, que recolle a experiencia do derradeiro pastor de Pombriego (León), Edilberto Rodríguez. Este traballo, dirixido polo galego David Vázquez (David Pinancho audiovisuais). Este filme, cuxo protagonista é o mozo Edilberto Rodríguez, vén de facerse co premio do xurado á Mellor Película Galega na 17 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), do Museo do Pobo Galego.

O xurado destacaba o feito de “ser unha película de personaxe sobre un mozo pastor cun tema moi importante para os tempos actuais, permitindo a visibilización de modelos en período de extinción e creación de referentes identitarios de ligazón a lugares que tenden a ser esquecidos”. O galardón estaba dotado con 800 euros e trofeo.

O acto de entrega de premios tivo lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego, cunha pequena actuación do dúo formado por Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas, Tralo-Valo.

 

Outro dos momentos do filme de David Vázquez.

 

Palmarés do 17 MICE

– Premio á Mellor Película Etnográfica para A Portrait on the Search for Happiness, de Benjamin Rost (Benny Rost).
– Mención de Honra ao documental ‘Pedra pàtria’, de Macià Florit.
-Premio do xurado á Mellor Película Galega para ‘O último de Arganeo’, de David Vázquez (David Pinancho audiovisuais).
– Premio Agantro: ‘Pour votre confort et votre securité’, de Frédéric Mainçon
– Mención de Honra Agantro a Room without a view de Roser Corella.
– Premio CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización: ‘Paraíso’, de Marina Lameiro e Maddi Barber.
– Premio do público para o documental ‘Resonancias do Pasado’, de Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro.

Artigos relacionados

Back to top button