CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O Universo segundo os alumnos do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco

A mostra “Explorando a Galaxia 3B-NUS” está exposta no Teatro Lauro Olmo

Dende Infantil ata 5º de Primaria. Os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco, están inmersos no Proxecto de Innovación Pedagóxica PITEAS que potencia o traballo colaborativo, o descubrimento e desenvolvemento do talento de cada nen@ respectando o seu ritmo de aprendizaxe e o uso das TICS como ferramentas indispensables de traballo; a través da motivación, o compromiso e o entusiasmo pola aprendizaxe.

Así, mentres os estudantes de 4º e 5º ultiman os detalles da carreira/ andaina solidaria “Pelo, Pico, Escama” que se celebrará mañá, os de 3ºB, amosan aos cativos doutros centros da vila, o resultado do seu propio traballo sobre o Universo.

Durante esta semana, está exposta no Teatro Lauro Olmo a mostra “Explorando a Galaxia 3B-NUS” que varios grupos de alumnos do CEIP Julio Gurriarán e Otero Pedrayo visitaban na mañá do 25 de abril (tamén haberá visitas guiadas o venres día 27). O percorrido pola mostra comezaba cun vídeo do astronauta Pedro Duque.

Tal como explican dende o centro, a exposición parte dos intereses iniciais do alumnado sobre o Universo e é froito da súa propia investigación. A información recollida nas tarefas realizadas durante todo o curso organízase en tres niveis: audiovisual, xogos e investigación.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button