SanidadeÚltima hora

O uso da mascarilla, obrigatorio dende mañá se non pode manterse unha distancia de 2 m

Deberán usala, con carácter xeral de forma obrigatoria, as personas de seis años en adiante, sendo recomendable o seu uso para a poboación infantil de entre 3 e 5 anos

 

A partir do xoves 21 de maio o uso da mascarilla será obrigatorio na “vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se encontre aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de alomenos dous metros”.

Así se establece no artigo 3 da Orde SND/422/2020, de 19 de maio, do Ministerio de Sanidade que vén de publicarse este 20 de maio no Boletín Oficial do Estado (BOE). Nela regúlanse as condicións para o uso obrigatorio de mascarilla durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Poderá ser “calquera tipo de mascarilla, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas, que cubran nariz e boca”.

No texto normativo matízase que deberán usar a mascarilla, con carácter xeral e de forma obrigatoria, as persoas de seis anos en adiante, sendo recomendable tamén o seu uso para a poboación infantil de entre 3 e 5 anos.

A orde tamén recolle que quedan libres desta obriga “aquelas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada pola utilización da mascarilla e aquelas nas que o seu uso se encontre contraindicado por motivos de saúde ou discapacidade.

Asimesmo, “o seu uso non será esixible no desenvolvemento de actividades que resulten incompatibles, tales como a inxesta de alimentos e bebidas, así como en circunstancias nas que exista unha causa de forza maior ou situación de necesidade”, segundo a orde.

A orde do Ministerio de Sanidade pode consultarse aquí:

BOE-A-2020-5142

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close