ConcellosÚltima hora

O uso de mascarillas en Galicia será obrigatorio en todo momento

Os cidadáns deberán levala ao aire libre e en espazos pechados, aínda que a distancia de seguridade estea garantida

Unha mascarilla cirúrxica. / Foto: Alba Prada.

 

Na súa reunión deste venres, 17 de xullo, o Consello da Xunta de Galicia vén de adaptar o acordo de medidas preventivas para facer obrigatorio o uso de mascarillas en todo momento. Os cidadáns deberán levala tanto ao aire libre como en espazos pechados sempre que se poida coincidir con outras persoas a pesar de que a distancia de seguridade de 1,5 m estea garantida.

Esta norma contempla as seguintes excepcións. Non terán que usala aquelas persoas con problemas respiratorios e as persoas convivintes. Tampouco será obrigatoria durante o baño en praias e piscinas e sempre que se permaneza sen desprazarse; no momento de consumición nos establecementos de hostelería e durante o exercicio individual ao aire libre.

“Todos os expertos coinciden en que o uso xeneralizado de máscaras está a amosarse como unha das medidas máis eficaces para evitar a transmisión do virus”, segundo dixo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello.

 

Artigos relacionados

Back to top button