CulturaCulturaÚltima hora

O uso simbólico do seixo en Galicia

A Biblioteca de Verín acollerá o 7 de agosto a presentación dun ensaio de Rafa Quintía sobre esta rocha
Cartaz do acto de presentación deste ensaio sobre o seixo en Verín.
Cartaz do acto de presentación deste ensaio sobre o seixo en Verín.

O seixo é un material abondoso no territorio galego e a súa presenza é tamén moi frecuente dende antigo en todos os hábitats e espazos vitais que as comunidades teñen estruturado ao seu redor. Sobre a utilización cultural que se ten feito ao longo dos séculos desta pedra afonda o antropólogo Rafael Quintía na obra súa obra “Uso simbólico do cuarzo na cultura Galega”, que presentará o vindeiro venres 7 de agosto, ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

A través das páxinas deste libro (editado pola SAGA), Quintía traza o camiño que o home ten escollido para transitar co seixo na man ou na porta da casa; no berce ou na súa sepultura, ademais doutros exemplos. Neste percorrido amósase por vez primeira a transcendencia desta rocha e o contraste co perfil baixo que actualmente ocupa no mundo dos estudos tradicionais. Asemade aborda o o rol do seixo en Galicia como catalizador do mundo das crenzas e indutor da orde nos espazos intrinsecamente simbólicos das sociedades tradicionais.

Artigos relacionados

Back to top button