ColaboraciónsOpiniónÚltima hora

O V Barathón de Trives supera todas as expectativas

A organización do V Barathón de Trives, con Elena Guntiñas ao mando, valora moi positivamente o transcurso do V Barathón de Trives e califícao como un gran éxito

O xoves de Semana Santa vén de confirmarse como a data oficial para o Barathón de Trives que chegou para quedarse. Tras catro edicións nas que cada unha foi mellor que a anterior este ano buscábase un salto de calidade coa incorporación dun ambiente musical e a suma dos locais de ocio nocturno.

O V Barathon de Trives tiña lugar o Xoves Santo.
O V Barathon de Trives tiña lugar o Xoves Santo.

Aínda que as 18:00 era a hora de saída da Praza do Pilón, dende 45 minutos antes comezaron a chegar os primeiros participantes e a banda musical “As Macizas Centrais”. Tras repartir os diplomas, as 18:00 con puntualidade suíza, os participantes deste evento cultural/deportivo comezaban esta proba animados pola música das “Macizas Centrais”. O tempo acompañaba e o ambiente ía en aumento a medida que pasaban os minutos. Moitos dos participantes comezaron a proba con retraso por non estar puntuais na praza do Pilón e outros pola súa contra animáronse a metade da proba a participar, polo que esgotáronse todos os diplomas feitos pola organización, superando así todas as expectativas.

Participantes no Barathon de Trives.
Participantes no Barathon de Trives.

Pasaban as horas e os participantes comprobaban a dureza deste evento. Ás 22:30 era a hora de remate da proba, e moitos faltaban por completalo desafío. Na Praza do Reloxo congregábanse os participantes que completaran a proba, pero nunha polémica decisión, Elena Guntiñas, decidíu retrasar o sorteo ata despois da cea, para que a xente que faltaba por rematar puidese completase a proba. Un asubío xeralizado e bastantes críticas tivo que soportar Elena Guntiñas durante un par de minutos por mor desta decisión que perxudicaba gravemente aos participantes que cumpliran as duras esixencias da proba en tempo.

Confirmado este tema e o novo horario do sorteo, celebrouse unha cea de confraternización a base de pinchos no Bar Museo O Bodegón que convertiuse nunha gran festa. Moita xente de fóra preferiu ir cear con calma a restaurantes de Trives para recuperar os esforzos do Barathón.

Chegou a hora do sorteo e voltou a polémica, e entre gritos de “Tongo, Tongo” e “Isto é un roubo” Elena Guntiñas sorteou os numerosos premios. Horas de Padel, bicas, ceas, pizzas, tortillas, botellas de Albariño, botellas de herbas, etc foron sorteadas entre todos os participantes que completaron o Barathón. O sorteo foi como a Lotería de Nadal, moi repartido, e de todos os grupos que completaron o Barathón algún participante foi agasallado. Aquí houbo de novo polémica porque os mellores premios tocáronlle a Elena Guntiñas e amigas, ante un cabreo xeneralizado. A polémica non pasaría a máis, e todos os participantes do Barathón foron sellados con cuños para ter descontos nos locais nocturnos e poder continuar a festa.

A festa do V Barathón alongouse ata altas horas da madrugada confirmando o gran éxito desta edición.

Dende a organización do Barathón confirmase xa que haberá un VI Barathón que será mellor que este V Barathón e deixamos no aire unha posibilidade, celebrar o VI Barathón este verán. Informaremos cando teñamos novidades.

Por outra banda queremos agredecer ás “Macizas Centrais” a súa presencia, aos locais hosteleiros a súa colaboración, aos participantes o seu apoio a esta proba e a toda a xente que colaborou na organización do Barathón agradecerlle esta axuda. Sen vos non sería posible.

Texto: Organización do V Barathón de Trives.
Fotos cedidas polo Barathón de Trives

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close