CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O V Campus de Fútbol de Verán da Rúa celebrarase en tres quendas no mes de xullo

Publicidade
Imaxe da anterior edición do campus./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis o CD Rúa está xa traballando no Campus de Fútbol de Verán que celebrará a V edición no mes de xullo para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

Coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense o campamento desenvolverase coma sempre no campo de herba artificial Vicente Solarat Maceda e mantendo as tres quendas do ano pasado: do 4 ao 8 de xullo, do 11 ao 15 e do 18 ao 22.

O horario do campus, no que seguiran mantendo as mededidas preventivas anti Covid-19, será de luns a venres de 9:30 a 14 horas e a data límite para inscribirse é o 24 de xuño.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button