ConcellosÚltima hora

O V Concurso Tapa Micolóxica de Trives resulta un éxito e premia a seis establecementos

Esta iniciativa, na que se vendían máis de 3.500 tapas, estaba promovida polo Club Montaña Trives dentro das súas XX Xornadas Micolóxicas

 

Coa entrega de premios do V Concurso Tapa Micolóxica poñíase o broche na pasada fin de semana ás XX Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives. Unha edición que se cualifica de “exitosa” dende a organización, tendo en conta que se vendían máis de 3.500 tapas no conxunto dos 12 establecementos de hostalaría participantes: Boliche, Casanova, Quintela, O Lar de Alicia, Sky, San Martín, O Bodegón, A Cantina do Catro, Manolos, Oca Nova Manzaneda, O Paíño e O Pan da María.

Os resultados do foron os seguintes:

Categoría Mellor tapa:
1º clasificado: MESON – MUSEO O BODEGON ( nome da tapa: o pecado outonal de Gela)
2º clasificado: SAN MARTIN (Bocado sorpresa)
3º clasificado: A CANTINA DO CATRO (Cogumelos as dúas salsas cantina)

Mellor presentación:
1º clasificado: MESON – MUSEO O BODEGON
2º clasificado: A CANTINA DO CATRO
3º clasificado: SAN MARTIN

Fotos: Club Montaña Trives

Artigos relacionados

Back to top button