CulturaCulturaÚltima hora

O V FIC recoñece ao actor galego Luis Zahera

En Verín destacaba que as mostras de agarimo son moi agradecidas, sobre todo no contexto actual, ao que se referiu como “raro para a cultura”

Luis Zahera no escenario do Auditorio de Verín durante o acto de recoñecemento que lle tributaba o V FIC Verín./ Foto: FIC.

 

A cultura e o entretemento non poden deterse, posto que se tornaron “máis necesarios ca nunca”. Así o destacaba o actor galego Luis Zahera na homenaxe que lle tributaba na tardiña deste 11 de setembro o V Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín.

Zahera, que conta cunha ampla experiencia en cinema, televisión e teatro, ademais ser gañador dun Premio Goya ao Mellor Actor de Reparto en 2018 por El Reino, lograba colgar o cartel de completo no Auditorio de Verín. Deste xeito, recollía a testemuña de Mabel Rivera, a actriz que foi distinguida na anterior edición do certame.

No acto de homenaxe, o propio Zahera departía cos asistentes sobre a súa traxectoria e destacou que as mostras de agarimo son moi agradecidas, sobre todo no contexto actual, ao que se referiu como “raro para a cultura”.

Selección de curtas

O público que acudiu ao Auditorio a presenciar a homenaxe a Zahera puido desfrutar así mesmo do visionado dunha selección de curtas nas que este participou como actor. Os títulos elixidos foron El premio, Marina, O Matachín e Planeta azul.

Artigos relacionados

Back to top button