DeportesÚltima hora

O V Memorial Anxo de Sousa Pérez será o 11 de abril na Rúa

A saída será ás 16h. dende a praza de Fontei para as tres modalidades: andando, en bicicleta e en moto

Andarines nunha edición anterior do memorial. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Andando, en bicicleta ou en moto. Son as tres modalidades nas que se poderá facer a marcha solidaria Memorial Anxo de Sousa Peréz que regresa este ano á data orixinal, Sábado Santo, estando prevista a V edición para o 11 de abril.

Tal como avanzan dende a organización, a saída será ás 16 horas cun percorrido de 5 km dende a praza de Fontei ata o Miradoiro do Barranco Rubio donde se deixará un caravel en memoria de Anxo.

O prezo da inscrición é de 10 euros e os cartos irán destinados integramente á Fundación Andrea, entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade a atención e o apoio tanto económico, moral como informativo ás familias que, contando con escasos recursos económicos, teñan que coidar aos seus fillos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que este ano está inmersa na creación dun parque infantil na terraza exterior da planta de Pediatría do CHUS. O neno rues que dá nome ao memorial, (falecido tras unha longa enfermidade) é un dos que recibiu apoio da Fundación, por iso a súa familia organiza esta proba non competitiva e solidaria.

Quen dexexe participar pode inscribirse presencialment en Tiendas Tri-Sport (A Rúa e O  Barco), Rincón de Rosi (A Rúa), Dixital Foto (A Rúa); e tamén online a través de Instagram e Facebook.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close