SanidadeÚltima hora

O “V Simposio Biopsia Líquida. Camiño á oncoloxía de precisión” estase a desenvolver en Santiago

Está coordinado polo doutor vilamartinés Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago

 

 

Do 23 ao 26 de xaneiro Santiago acollerá o “V Simposio Biopsia Líquida. Camiño á oncoloxía de precisión”, coordinado polo doutor vilamartinés Rafael López, xefe do Servizo de Oncoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Numerosos investigadores e oncólogos expertos en medicina de precisión participan neste foro internacional, promovido polo Grupo de Oncoloxía Médica Translacional (ONCOMET).

“Abordaremos a temática dende ópticas tan atractivas como a utilidade clínica, os progresos no coñecemento biolóxico e os continuos avances tecnolóxicos, todo iso nun escenario de formación, discusión e plantexamento de retos futuros”, segundo a organización.

O acto de apertura celebrábase na mañá deste 24 de xaneiro e contaba coa asistencia do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen anunciaba que a Consellería de Sanidade está a redactar o novo Plan Galego contra o cancro coa participación de distintos profesionais sanitarios, e outras institucións e axentes implicados, e contando cos pacientes.

 

Artigos relacionados

Back to top button