CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O V Xostra Rock enceta as festas patronais de Viana

Nesta edición, celebrada na noite do 10 de agosto, actuaban Os Festicultores, Familia Caamagno e Guezos

Música galega para abrir o programa das festas de Viana do Bolo. A Praza Maior da vila acollía na noite do 10 de agosto a primeira proposta do programa: o V Xostra Rock.  Este festival achegaba, como en anos anteriores, tres bandas galegas con estilos moi diversos.

Os primeiros en subirse ao escenario eran Os Festicultores de Xinzo de Limia. Tocaban a partires das dez da noite enchendo co seu ritmo trepidante e contaxioso a vila. A continuación viña a Familia Caamagno, unha banda coruñesa, e finalmente actuaba o grupo de rock-pop-folk ourensán Guezos, con sete compoñentes e que inclúe instrumentos como o teclado, o acordeón, a guitarra eléctrica, a batería, a gaita ou o whistle.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button