EconomíaEconomíaÚltima hora

O valdeorrés Alberto Castro recibe a “Carta de artesán” en forxa e ferrería

Actualmente este artesán tense introducido no eido das navallas de afeitar
Alberto Castro traballando na forxa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Alberto Castro traballando na forxa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Herdaba a cultura da forxa da súa familia paterna, pero non era ata hai oito anos cando se decidía por vez primeira a facer de forma artesá un coitelo. “Daquela saía moito ao monte e era usuario de coitelos industriais. Sen embargo, non atopaba un coitelo que me gustase e un día, buscando en internet, vin un foro onde a xente facía os seus propios coitelos e pareceume moi curioso. Tiña material como un yunque e uns cantos martelos, que pertencían ao meu bisavó e ao meu avó, que eran ferreiros, e decidín aproveitar iso e empezar pouco a pouco”, tal e como contaba o valdeorrés Alberto Castro hai un par de anos nunha entrevista publicada na edición en papel do Periódico O Sil.

Este valdeorrés vén de recibir a "Carta de artesán" da Xunta de Galicia./ Foto cedida.
Este valdeorrés vén de recibir a “Carta de artesán” da Xunta de Galicia./ Foto cedida.

Foise formando de xeito autodidacta e agora sente auténtica paixón polos metais e pola coitelería artesá, así como pola forxa doutro tipo de ferramentas de corte. Co tempo Castro tense convertido nun dos referentes galegos neste tipo de artesanía. Agora ademais vén de recibir a “Carta de Artesán” en forxa e ferrería da Xunta de Galicia. Trátase dun recoñecemento oficial ao seu labor e esforzo no mundo da coitelería. Actualmente, Alberto Castro tense introducido no eido das navallas de afeitar cuns resultados moi positivos.

Artigos relacionados

Back to top button