DeportesÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares (Adas), quinto no galego absoluto de cross

A súa compañeira de club María Cedrón era terceira na carreira absoluta feminina

Alejo Ares, nunha competición anterior./ Foto: A.R.

 

Nun quinto posto sénior finalizaba o atleta valdeorrés Alejo Ares o Campionato galego de cross que se celebraba neste mediodía no circuíto da Veronza en Ribadavia. O corredor do Club Adas do Barco completaba o traxecto da proba, duns 9 kms, cunha marca de 29:11.

Co título galego masculino absoluto nesta proba facíase Antonio Serrat Seoane, do R.C. Celta, cun tempo de 28:18. O subcampionato galego lográbao Estaban Iglesia (Lucus Caixa Rural Galega) e o terceiro posto Manuel Hurtado da S. Ximnástica.

 

Saída da carreira absoluta masculina no galego de cross en Ribadavia./ Foto: FGA.

 

Na proba absoluta feminina, a atleta do Adas María Cedrón lograba subirse ao podio galego, ao quedar terceira cun rexistro de 35:27. A vencedora da carreira era Ester Navarrete (FC Barcelona), sendo segunda Laura Santos (Lucus Caixa Rural Galega).

 

María Cedrón (primeira pola esquerda), na carreira absoluta feminina no galego de cross./ Foto: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button