DeportesÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares (Adas), terceiro na carreira popular “Coruña 10”

Nesta cita de 10 quilómetros vencía o tamén ourensán Alejandro Fernández
Alejo Ares (á dereita), no podio da carreira coruñesa./ Foto: Federación Galega de Atletismo.

O atleta de Sobradelo Alejo Ares segue subíndose ao podio. Desta volta vén de facelo na carreira popular XII Coruña 10, que se celebraba nesta mañá de domingo 7 de outubro. Este corredor do Club Adas facíase coa terceira posición nesta cita, entrando en meta tras o tamén ourensán Alejandro Fernández e Víctor Puyuelo.

O valdeorrés completaba o circuíto coruñés de 10 km nun tempo de 00:30:08, fronte á marca de 00:29:58 do ganador.

 

Artigos relacionados

Back to top button