DeportesÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares, convocado para a Selección Galega sénior masculina de cross

O atleta Alejo Ares, do Adas do Barco, nunha competición anterior./ Foto: A.R.

 

Dentro da listaxe de atletas convocados para a Selección Galega masculina de campo a través que participará o do vindeiro 30 de xaneiro en Xaén no Campionato de España por Federacións figura o valdeorrés Alejo Ares, do Club Adas do Barco. Así o vén de facer público a Federación Galega de Atletismo.

Este atleta está convocado para formar parte da selección masculina sénior, na que tamén se inclúe o seu compañeiro de club Iván Roade.

Así mesmo están convocados dous atletas do Ourense Atletismo: Said Aboun e Martín Míguez na Sub23.

 

Fonte: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button