DeportesSen categorizarÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares, imbatible no campionato galego de 5 km

O atleta do Adas engade un novo título á súa destacada tempada tras esta proba, que tiña lugar en Vimianzo o 2 de setembro

 

O valdeorrés Alejo Ares, no podio do galego de 5 km en Vimianzo./ Foto: Club Adas.

Cumpríanse os pronósticos e o valdeorrés Alejo Ares volvía a subirse ao podio, desta volta ao do Campionato de Galicia dos 5 km, que se desenvolvía o 2 de setembro en Vimianzo. O atleta do Club Adas remataba a competición cunha marca de 15:06, sacándolle uns 20 segundos ao segundo clasificado, Jorge Puig (CA Santiago). Dende o km 3 marcou distancia cos seus perseguidores chegando en solitario á meta.

Ares suma deste xeito suma un novo título “aos seus ouros galegos dos 3.000 m. en pista cuberta, a dos 3.000 obstáculos do aire libre e ao seu bronce do Campionato de España dos 10 km”, tal e como se destaca dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

A mellor atleta da carreira era Paula Mayobre (Clínicas Dental Seoane Pampín), cun rexistro de 16:48, o que supón un novo récord galego absoluto da distancia, que substitúe aos 16:55 de Esther Navarrete, segundo indica a FGA.

Nesta mesma cita o Club Adas do Barco colleitaba outros dous podios. Aída Martínez (20:40) vencía na categoría feminina Sub20 sen apenas apuros, mentras que en Sub18 impoñíase Sonsoles Martín (20:12) e Marta Ballesteros quedaba segunda.

Neste galego dos 5 km tamén participaban outros atletas do Adas: Fernando González e Marco Paulo en Máster, ademais de María Martín, que sería 3 na popular.

 

Podio feminino Sub18, coas dúas atletas do Adas./ Foto: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button