Entre os 39 atletas que representarán a Galicia o vindeiro 8 de marzo no CII Campionato de España de Federacións Autonómicas Absoluto, Sub23 e Sub20 que se disputará en Zaragoza estará o valdeorrés Alejo Ares, que viste as cores do Real Club Celta. Competirá como sénior, o mesmo que Alejandro Fernández e Rubén Diz (Ourense Atletismo), segundo informa a Federación Galega de Atletismo (FGA).
Nesta mesma categoría, pero feminina, tamén estará representado o Club Adas do Barco nesta selección da man de Marta Casanova e Sandra Mosquera.