DeportesÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares, o cuarto mellor español na 10K Valencia Ibercaja 2019

Facía ademais marca persoal ao completar os 10 km do percorrido en 30 minutos
O atleta Alejo Ares, nunha imaxe de arquivo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Sobresaínte actuación do atleta de Sobradelo Alejo Ares Prada (Club Adas Proinor do Barco) na carreira 10k Valencia Ibercaja 2019, que se desenvolvía o 13 de xaneiro. Lograba situarse como o cuarto español nunha clasificación liderada polo etíope Chala Ketema, que tan só tardaba 27 minutos e 22 segundos en cruzar a liña de meta.

O valdeorrés situábase no posto 25 da clasificación xeral e lograba ademais marca persoal ao completar os 10 km do circuíto en 30 minutos. Nesta cita valenciana participaban máis de 11.000 corredores.

Ademais neste domingo 20 de xaneiro, Ares Prada facíase co título na proba de 1.500 m no campionato galego absoluto de pista cuberta que se disputaba en Expourense.

Artigos relacionados

Back to top button