DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O valdeorrés Alejo Ares, vencedor da XV Carreira Popular da Feira do Viño de Quiroga

O segundo e terceiro clasificado nesta proba, desputada neste Venres Santo, eran José Manuel Casado e Ahmed El Mansouri

Cunha participación, que superaba os 200 altetas, desenvolvíase a partires das cinco desta tarde de Venres Santo a XV Carreira da Feira do Viño de Quiroga. Nesta proba absoluta dominaba o atleta de Sobradelo Alejo Ares (Adas) que completaba o circuíto nun tempo de 00:29:45.  O segundo en entrar en meta era José Manuel Casado (00:30:14) e o terceiro Ahmed El Mansouri (00:30:39).

A primeira muller en cruzar a liña de meta era Ana Belén González do Fluvial Montesegade (co posto 34 na clasificación xeral e un tempo de 00:35:21). O segundo posto feminino era para Mónica Nieves e o terceiro para Karina Pasarin.

Esta cita contaba cunha destacada participación valdeorresa en diversas categorías con corredores do Adas, pero tamén doutras entidades como o Club Atletismo Rúa ou Trotadas Valdeorras. A proba dos maiores viña precedida dunha serie de competicións das categorías base, tamén cunha destacada participación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button