DeportesÚltima hora

O valdeorrés Carlos Revuelta, prata en martelo no campionato galego absoluto

Nesta mesma cita o Adas do Barco colleitaba tres ouros da man das atletas María Cedrón e Nerea Fernández

O atleta valdeorrés Carlos Revuelta Parra./ Cedida.

 

As pistas universitarias de Elviña na Coruña veñen de acoller nesta fin de semana o Campionato de Galicia Absoluto de atletismo. O evento foi aproveitado de igual modo para dar o último adeus, nun acto breve e emotivo, “a quen fora presidente e gran artífice do atletismo actual galego, Sergio Vázquez”, tal e como destacaba a Federación Galega de Atletismo.

Nesta cita o lanzador valdeorrés de martelo Carlos Revuelta Parra (Sociedade Ximnástica de Pontevedra) facíase coa prata cunha marca de 59.37 m, só superada polo rexistro de 61.66 m de Nacho Fernández do Playas de Jandía.

Ademais o Club Adas lograba tres ouros, dous deles da man da atleta monfortina María Cedrón que dominaba nos 1.500 m. e nos 800 m. Axustadas resultaron as modalidade de pértega femenina, na que a viguesa Nerea Fernández do Adas Cupa do Barco lograba o título con 3.23 m. polos 3.18 m.de Marta Formoso da Ximnástica, e a altura masculina con triunfo de Pablo Alonso do Atletismo Santiago con 1.87 m. polos 1.84 de Diego Ares do Ourense Atletismo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button