DeportesÚltima hora

O valdeorrés Carlos Revuelta, subcampión de España Universitario

Este atleta, que representaba á UNED, lograba a prata no lanzamento de martelo cunha marca de 59,31 m
O atleta barquense Carlos Revuelta./ Foto cedida.

Unha tempada máis, segue sumando metais en campionatos de España. Nesta ocasión, Carlos Revuelta Parra facíase coa prata no Campionato de España Universitario que se desenvolvía na pasada fin de semana na localidade valenciana de Castellón.

O martelista valdeorrés, que acudía á cita española representando á UNED, lograba un lanzamento de 59,31 m, convertíndose así en subcampion de España Universitario nesta modalidade atlética. Esta é a sexta ocasión na que Revuelta é medallista nun nacional en categorías absolutas, sumando ata agora un ouro, catro pratas e un bronce.

Desafortunadamente, a saltadora valdeorresa Leticia Gil, actual campioa de España de lonxitude en pista cuberta, non puido nesta ocasión defender o seu título universitario ao non ter tramitado a súa inscrición á universidade á que pertence, tal e como informan dende o entorno da atleta.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close